27 de xuño de 1931. A folga xeral dos traballadores do ferrocarril Ourense-Zamora deriva na proclamación da I República Galega.
Acerca deste web
RepublicaGalega.org
Este web nace o 27 de xuño de 2014 coa intención de reunir todo o material dispoñible acerca da República Galega como feito histórico (I República Galega) pero tamén como demanda política actual de diversas forzas políticas e movementos sociais galega. O web é un proxecto persoal, sen vencello con ningunha forza política, creado por Casdeiro, ciberactivista galego que rexistrara o dominio xa en 2004, e que o ofrecera para a súa xestión aos colectivos que organizan a Festa da República Galega. Finalmente, e de acordo con eles, decidiu en 2014 encargarse da súa xestión directamente para non demorar máis a posta en marcha do web como punto de referencia para unha reclamación política que cobrou nova actualidade a raíz da abdicación do Rei de España, Juan Carlos I. Ata esa data o dominio estivera redirixido a un dos tres blogs relacionados coa devandita Festa.
O web compilará información publicada ata a data sobre a historia da I República Galega e tamén noticias de actualidade. Aínda está nunha fase beta e faltan numerosos deseños, contidos e noticias que se irán publicando nos vindeiros días; se queres enviar ti algún contido ou colaborar dalgunha outra maneira, ponte en contacto co xestor do blog.
Martiño Picallo (Luscofusco), Lois Pérez Leira, Masús e Carlos Calvo Varela.
I & II
I República Galega
Proclamada o 27 de xuño de 1931 por Pedro Campos Couceiro e Antón Alonso Ríos, tan só sobreviveu unhas poucas horas. Alonso Ríos foi nomeado presidente da Xunta Revolucionaria da República Galega.
II República Galega
Varias forzas políticas galegas reclaman na actualidade a constitución dunha República Galega independente. Esta reclamación cobrou novo vigor en 2014 tras a abdicación do Rei de España e as demandas por unha reconfiguración da forma do Estado Español, moitas delas pedindo tamén o recoñecemento da soberanía das nacións que ata o de agora forman parte obrigada del.
Outras Repúblicas
Hai forzas políticas que defenden a integración de Galiza dentro dunha República Española, tanto de tipo autonómico, federal ou confederal. Tamén as hai que rexeitan tanto a forma monárquica coma a repúblicana e defenden que Galiza sexa soberana pero baixo a forma dunha Mancomunidade de Parroquias libres confederadas.
Bandeira proposta para a República Galega. Deseño: Instituto Gallaecia.
Deseño de bandeira para a República Galega, de O Karrapucho e Luscofusco
Bandeira proposta para a Galiza Republicana. Deseño: O Karrapucho + Luscofusco, 2013.
Bandeira (con escudo) proposta para a Galiza Socialista. Deseño: O Karrapucho + Luscofusco, 2013.
Bandeira (con escudo) proposta para a Galiza Socialista. Deseño: O Karrapucho + Luscofusco, 2013.
Proposta de bandeira para a Galiza Socialista. Deseño: O Karrapucho + Luscofusco, 2013.
Proposta de escudo de Galiza. Deseño: O Karrapucho + Luscofusco, 2013.
Proposta de escudo para a República Galega. Deseño: O Karrapucho + Luscofusco, 2013.
Bandeira proposta para a República Galega. Deseño: O Karrapucho + Luscofusco, 2013.
Contacto
Se queres contactar para ofrecer a túa colaboración ou se queres facer algún outro tipo de achega, en contidos ou economicamente para axudar cos custos de xestión do web, podes poñerte en contacto co xestor de RepublicaGalega.org en: