Comunicado «Festa da República Galega» 2012

insignia-denantes-mortos-ca-escravosOla!

O próximo domingo 1 de xullo, 2012, vai ter lugar na vella Estación de Tren de Ordes a FESTA DA REPÚBLICA GALEGA, un acto para conmemorar o 81 aniversario da proclamación desta data que atinxe xa a súa segunda edición. A festa comezará arredor das 12h e haberá sesión vermú, xantar (cada quen deberá traer a súa comida!), e moitas actividades e concertos pola tarde.

Ás persoas que organizamos o evento, de asociacións da Laracha, Cerceda e Ordes, gustaríanos convidarvos a compartir con nós este día. Pretendemos que o tecido asociativo de todo o país teña un espazo para expoñer os seus traballos ou vender o seu material. Podedes traer un pequeno posto para darvos a coñecer, ou se o preferides simplemente achegarvos e unirvos á festa!

Grazas de antemán e parabéns polo voso traballo.

Viva a República Galega!

bilharda

Mapa-festa-Republica-Galega-81Aniv-ordes

peman_informa

About the author: República Galega

Leave a Reply

Your email address will not be published.

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.