Os Quinquilláns na Festa da República

Os Quinquilláns
Os Quinquilláns
OS QUINQUILLÁNS somos unha compañía especializada en TEATRO DE RÚA e tamén en TEATRO INFANTIL .

O noso teatro é moi participativo e dirixido a todos os públicos.

Gústannos os temas relacionados coa historia e coa literatura.

Levamos ao teatro temas especificamente galegos e tamén universais, por iso no noso historial fixemos adaptacións como Gulliver ou Moby Dic, pero tamén indagamos na emigración con A Diáspora, recreamos a Idade Media con Irmandiños ou tratamos a vida do Século XIX con Arrieiros.

OS QUINQUILLÁNS é unha compañía especializada no teatro de rúa e nas montaxes infantís . Desde 1989 levan producidos máis 20 espectáculos participando en festivais, feiras de teatro , cabalgatas , eventos históricos, teatros , prazas e rúas…

Convidámoste a ver toda esta información en www.quinquillans.com

About the author: República Galega

Leave a Reply

Your email address will not be published.

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.