Xaime Luaces, do Commando gomessende, para a Rª Gª

xaime-luacesA nós, os galegos, de tanto buscar maneiras de ser no que nos é alleo, sempre fomos máis propicios a querer non facer que a facer, e píntanos ben cando nos pinta ben. Por iso aqueles que non queremos ser súbditos nin de deuses nin doutros homes, quédanos a solución de ser republicanos, pois a República non fai falla facela; a República é participar, compartir, e iso é intrínseco, no que se dá en chamar unha sociedade civilizada.

Noutra terminoloxía dáselle en chamar Patria, ou sexa ao que nos chamamos « A Terra », e aí xorde o desexo de que sexa Nosa Terra, sempre desde a Nosa República -ben entendido. Eu non coñezo outra maneira -irmá de todas as outras, por ser cidadáns, ou aldeáns do mundo (esta máis apropiada definición de nós e dos que habitamos a Nosa Terra) que pexorativaron os viláns –definición que eu pexorativo – precisamente porque nós, nunca xamais, exercemos nin de patróns de ninguén, nin de nós mesmos, senón persoas libres, tanto cidadáns como aldeáns. A liberdade tal que ela é, non estraga nin Terra nin os suxeitos dela, cousa que si fan os pexorativos viláns, que están asentados nesta Terra Nosa, coma se deles fose tamén, e –moitas veces- fan todo para estragala e para que sexa súa. Visto está que a súa concepción de patria non é a nosa, son os cartos.

A Patria e a Terra non son os bípedes que poboamos nela, nós non somos máis que habitantes transitorios da Nosa Terra. Moitos dende xeracións lonxincuas viven nela coma sinxelos turistas, e son ben deles. Todo isto fainos asemellar que son poucas as xentes que, ao final, quedan integradas verdadeiramente na Terra e, entre elas, moitas que chegaron de turistas e quedaron para facer parte non integrada de nós, renunciando a ser e a estar, pero tamén sen querer deixar de selo. Por isto é esta proclamación da Nosa República Galega.

About the author: República Galega

Leave a Reply

Your email address will not be published.

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.