LYDIA BOTANA “BOLBORETA” na Festa da República Galega

bolboreta-fotoLydia Botana, “Bolboreta”, músico multinstrumentista natural de Culleredo (A Coruña) ten formado parte de diversas agrupacións tanto rock, pop, reggae/ska, coma esembles de percusión, bandas sinfónicas ou dirección de coros. Titulada polo Conservatorio Superior de Música de A Coruña en Pedagoxía da Linguaxe e a Educación Musical en decembro de 2011. E ten a titulación do Grado Profesional de piano cursado entre o Conservatorio de Culleredo e o da Coruña.

Presenta un directo con posibilidade de varios formatos, dende o acústico en solitario ata a incorporación dunha banda que recentemente a acompaña tocando os seus temas que fusionan xéneros musicais coma o latin, o rock, o pop, o ska… e versións que abranguen dende o
tradicional “Eu chorar chorei” ata o reggae de Bob Marley.

Neste verán Bolboreta xirará cunha banda conformada por Paco Cerdeira (Zënzar, Mamá Cabra) á guitarra eléctrica, Torroncho (Ruxe Ruxe, An bia, musical Galicia Caníbal) ó baixo e o pequeno Anxo Silveira (Talesien,Tolemia) á batería.

lydia-botanaXunto con diferentes grupos, participou en festivais e circuitos de música coma: Rock Marino 2004 (A Coruña) con Deixaví; xira co Coro Verdianeum de Parma (Italia) realizando a B.S.O do lm “L´uomo che verrâ” en 2009; 7º Busker´s Festival Barcelona, X e XI Foundation Reggae Festival (Everton Blender, Fidel Nadal, Andrew Tosh- Culleredo, A Coruña), IX e XI Festival Reperkusión (Ourense), Brincadeira 2011 (Europe, Rosendo, La Kinky Beat- Ordes, A Coruña), Nordestazo Rock 2011e 2012 (Che Sudaka/Dios ke te crew- Malpica, A Coruña), Castañazo Rock 2011 (Reincidentes, The Locos- Chantada, A Coruña), Festigal 2012 (La Phaze, Zënzar- Santiago de Compostela), Brincadeira 2012 (Calle 13, Status Quo- Cambre, A Coruña), etc.

En febreiro 2012 grava, íntegramente, “No me importa nada” e “Walk away” ó ser convidada pola Universidade de Paul McCartney en Liverpool onde actuou na mítica sala The Cavern. En agosto 2012 grava tamén “Quen nos queima“,
misturado por Javier Abreu coa colaboración na voz de Garcia Mc (Dios
ke te crew) e ó baixo Sebas (Che Sudaka), tema que podes escoitar na Radio GUIEIRO.

En 2012, ao abandonar a banda coa que xirou polo estado dende 2008 como
teclistas/percusionista de ska/reggae/punk coa que gravou o disco Sin
fronteras (Skarallaos), comeza a formar parte de novos proxectos como Labreg*s do tempo dos Sputniks na batería e o acordeón xunto co Leo Arremecaghona e García Mc. E forma parte da Banda Fura Fura

Colabora asiduamente coa banda de rock Zënzar como acordeonista e á voz. E tamén coa banda de punk Konfl ikto aos teclados e ó acordeón.

Ten colaborado nos directos de bandas coma La Pegatina con Xurxo Souto, Canteca de Macao, Dakidarria, Dios ke te crew, Baokas 46, Chimango, Desorden Público, … Ten tocado tamén con Gogol Bordello, Manu Chao, Joan Garriga, O´Funkillo

No 2013 saiu elixida polo alumnado dos institutos de secundaria de Galiza coma gañadora do Cantalingua e participou nos concertos organizados polo Correlingua. Participou no tributo a Rosalía no Teatro Rosalia de Castro cantando coma solista
acompañada pola Banda Municipal de A Coruña.

Neste ano estrea tamén o seu proxecto chamado “De aquí para alá”, un concerto didáctico para público infantil con músicas do mundo.

Na actualidade encóntrase gravando o seu primeiro cd en solitario e pódese atopar en recopilatorios coma o 7º Buskers Festival Barcelona (2011), IX Festival Reperkusión (2011), e en solitario ten publicado coma Bollboreta o tema “Quen nos queima” no recopilatorio “Lo peor de la rumba” xunto con Manu Chao, Amparo Sánchez, La Pegatina, Che Sudaka