Durante a proclamacion da I República Galega a bandeira utilizada fora a bandeira galega branca coa franza azul e de feito o seu uso fora impulsado por aquel feito, segundo opinión de Lois Pérez Leira.

En 2013, e no contexto das celebracións que desde uns anos atrás se viñan realizando por diversos colectivos culturais galegos (a Festa da República Galega) un grupo de persoas (entre as que se contan os coñecidos cantores Mini e Mero) fixo a encarga aos artistas gráficos O Karrapucho (Héitor Picallo) e Luscoefusco (Martiño Picallo) de deseñaren diversas propostas gráficas para unha nova bandeira da República Galega, en base a unhas orientacións dadas polo grupo. De entre elas elexiron a que foi presentada o 29 de xuño de 2013.

Deseño de bandeira para a República Galega, de O Karrapucho e Luscoefusco
Deseño de bandeira para a República Galega, de O Karrapucho e Luscoefusco

Porén, neste blog queremos presentar non só esa proposta de bandeira elixida por este grupo senón o resto de deseños realizados por estes artistas e convidar a todas as galegas e galegos a enviarnos as súas propostas e opinións sobre os diversos deseños (podes premer en cada deseño e ir á páxina do mesmo para deixares alí a túa opinión ou outros comentarios). Aquí iremos publicando as diversas propostas recibidas.

Leave a Reply

Your email address will not be published.